Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Xa sei que case tódalas canles de televisión e de radio tenden a ridiculizar ó presidente do governo Xosé Luis Rodríguez Zapatero... Iso é algo co que todos nós rimos, meditamos e, en ocasións compartimos... Pero o feito de involucrar a unha persoa axena á broma de xeito que sexa satirizada e engañada, é algo totalmente inadmisible. Imaxinan que pasara algo así, pero na nosa contra? Cun presidente reciba a chamada doutro para felicitalo, pero en realidade é un imitador? É unha total falta de respecto, pero non só o presidente boliviano, senón tamén ós asistentes de Evo e a súa secretaria, que atenderon de forma correctísima ós locutores da Cope pensando, como era lóxico, que era o presidente de España. Indignante, de verdade... Autor: Miguel Fecha: 15/01/2006 20:38. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras